A empresa ourensá mostrará en Alimagro a súa proposta de vodka premium elaborado exclusivamente con pataca da Limia, un proxecto que aposta pola innovación, a sustentabilidade e a posta en valor do produto agrícola local.
Vodka 636 nace co propósito de transformar un dos cultivos máis emblemáticos da comarca nun produto gourmet capaz de competir no mercado dos destilados de alta gama. O proxecto comezou a xestarse en 2019, cando dous agricultores, dous barmans e dous empresarios uniron os seus coñecementos e experiencia para desenvolver unha receita propia baseada na pataca de Xinzo de Limia.
A compañía estará presente en Alimagro, onde mostrará a profesionais e visitantes unha proposta que busca converter a pataca da Limia en embaixadora do territorio máis aló do seu consumo en fresco.
“Estar presentes en Alimagro non é só unha oportunidade comercial, é un motivo de orgullo absoluto. Xogamos en casa e vimos demostrar que a pataca da Limia non só é un referente gastronómico en fresco, senón que ten potencial para competir nos mercados internacionais do destilado premium”, destacan desde Vodka 636.
Un proceso integramente ligado ao territorio
O vodka elabórase exclusivamente con pataca da variedade agre, seleccionada polos seus altos niveis de amidón. Todo o proceso produtivo desenvólvese nun ciclo pechado na mesma localización, desde o pelado da pataca e a destilación ata o embotellado e etiquetaxe final.
A materia prima sométese a varias destilacións co obxectivo de conseguir un alcol puro, mantendo ao mesmo tempo os matices e a personalidade vinculados ao produto de orixe.
O nome 636 fai referencia á altitude media de Xinzo de Limia, unha homenaxe ao territorio onde nace a materia prima e á identidade que o proxecto pretende trasladar a cada botella.
Innovación para xerar valor na Limia
Para Vodka 636, a súa participación en Alimagro supón tamén unha oportunidade para reivindicar o valor de toda a cadea agroalimentaria e a capacidade do sector primario para xerar novos produtos e oportunidades económicas.
“Feiras como Alimagro son vitais para dinamizar a comarca e visibilizar todo o circuíto de valor: desde o agricultor que consente a terra en Xinzo ata a botella que se serve nunha coctelería”, sinalan desde a empresa.
A compañía considera que o futuro do agro pasa por combinar a tradición coa innovación e por buscar novas vías para incrementar o valor das producións locais. Neste sentido, Vodka 636 aspira a converterse nun novo embaixador da Limia, levando o carácter das súas terras a mesas, coctelerías e tendas especializadas.
Vodka 636 levará a Alimagro a alma da Limia convertida nun destilado premium
O vodka premium elaborado con pataca de Xinzo de Limia súmase a Alimagro para reivindicar o potencial da agricultura local a través da innovación e a calidade