Mooxvice Solutions leva Alimagro a dixitalización e o control intelixente ao campo

A innovación tecnolóxica volve ocupar un espazo salientable en Alimagro 2026, que se celebrará os días 5 e 6 de setembro en Xinzo de Limia (Ourense). Entre as empresas participantes estará Mooxvice Solutions, compañía especializada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para a agricultura e a industria, cunha proposta centrada na dixitalización, a monitorización e o control de procesos en tempo real.

Mooxvice Solutions desenvolve e fabrica equipos propios destinados a distintos sectores e conta cunha liña específica de solucións para o ámbito agrícola. Entre elas destacan os seus programadores de rega de desenvolvemento propio, que se complementan con electroválvulas, sensores de humidade e presión, estacións meteorolóxicas e outros dispositivos destinados a mellorar o control das instalacións de rega.

A través destas ferramentas, a compañía busca facilitar unha xestión máis eficiente dos recursos dispoñibles. A súa proposta combina o control dos equipos con unha plataforma de monitorización e análise de datos en tempo real, permitindo dispoñer de información sobre o funcionamento das instalacións e tomar decisións con maior rapidez e precisión.

A tecnoloxía IoT constitúe un dos piares da actividade de Mooxvice Solutions. A empresa desenvolve solucións baseadas en redes sen fíos de topoloxía tipo malla e procesamiento distribuído, tecnoloxías orientadas a simplificar a conectividade e facilitar a monitorización de equipos e procesos en contornas complexas.

Tecnoloxía ao servizo dunha agricultura máis eficiente

A proposta de Mooxvice Solutions non se limita á subministración de equipos. A empresa ofrece un servizo integral que abarca a instalación, a programación personalizada, o asesoramento técnico e o mantemento durante toda a campaña.

Este acompañamento permite adaptar as solucións ás características e necesidades de cada explotación, co obxectivo de que a tecnoloxía sexa unha ferramenta útil para o agricultor na súa actividade diaria.

A monitorización en tempo real e o procesamiento dos datos permiten, ademais, avanzar cara a unha xestión máis precisa dos recursos. No caso da rega, dispoñer de información sobre variables como a humidade ou a presión facilita un maior control das instalacións e contribúe a optimizar o uso da auga e da enerxía.

A propia evolución de Mooxvice Solutions reflicte esta aposta pola innovación aplicada. A compañía naceu en 2020 e desde entón desenvolveu e validou os seus primeiros prototipos, comercializado solucións para a industria e ampliado as súas aplicacións e casos de uso.

Un punto de encontro cos agricultores

Para Mooxvice Solutions, a súa participación un ano máis en Alimagro supón unha oportunidade para achegarse directamente aos profesionais do sector, coñecer as súas necesidades e mostrar de primeira man como a tecnoloxía pode integrarse no día a día das explotacións.

“Participar un ano máis en Alimagro supón unha oportunidade excelente para estar preto dos agricultores, escoitar as súas necesidades reais e mostrar como a tecnoloxía pode facer máis sinxela, sostible e rendible a súa actividade diaria”, sinala a compañía.

Coa súa participación en Alimagro 2026, Mooxvice Solutions reafirma así a súa aposta por unha tecnoloxía próxima ao agricultor, orientada a resolver necesidades reais e deseñada para mellorar a eficiencia e a sustentabilidade das explotacións.

Últimas novidades