Ges Seguros ofrecerá asesoramento e cobertura de seguros agrarios en Alimagro

Quedan só 10 días para o Alimagro 2024, a cita dedicada á maquinaria e o cultivo da pataca en Xinzo de Limia (Ourense). Neste evento acompáñanos Ges Seguros, unha compañía aseguradora de renome. Con máis de 23 anos de experiencia, é unha empresa sólida, de capital exclusivamente nacional, e cunha rede de axentes con ampla experiencia.

Ges Seguros é unha empresa que nace co nome de Sociedad General Española de Seguros y Reaseguros e que conta con máis de 23 anos de experiencia no sector asegurador. Poderemos contar con eles e os seus servizos de asesoramento en seguros no sector. Ademais, poderán actualizarte e resolver calquera dúbida sobre os servizos que prestan que poidas precisar. Todo o que necesitas para proporcionar seguridade e benestar á túa empresa.

En Alimagro virán a cubrir o teu seguro agrícola sobre cultivos, maquinaria agrícola e as súas instalacións. Ademais, poderás coñecer os seus servizos no sector agrario e gandeiro e o seu seguro integral.

Dende Ges Seguro animan a todos a participar en Alimagro. "É moi positivo poder coñecer todas as coberturas para resolver os riscos do sector e facelo de primeira man", sinala Pedro Flores, corredor de seguros de Ges Seguro.

Últimas novidades