José Casarío de Fertiberia será o encargado de abrir a Xornada Técnica da Pataca co seu relatorio «Estou en zona vulnerable a Nitratos e agora que?»
A terceira edición da Xornada da Revista Campo, que se celebrará o próximo 4 de setembro no marco da feira de Alimagro, servirá para poner en valor uno de los productos estrella de A Limia: lana patata.
Este evento congregará a agricultores, produtores e técnicos, tanto galegos como chegados doutras partes de España, e abordará temas de gran relevancia para a produción pataqueira a través dun completo programa técnico e un debate con expertos do sector.
A xornada arrincará ás 19:15 h. da man de José Casarío (Fertiberia), quen ofrecerá o relatorio «Estou en zona vulnerable a Nitratos e agora que?».
“O obxectivo é informar os agricultores e gandeiros que nos acompañen, á III xornada técnica da pataca, que teñen que ter en conta se algún dos municipios nos que teñen a súa explotación agrícola é declarado como zona vulnerable”, aclara Casarío.
Na charla dunha forma breve, pero á vez necesaria, explicarán que normativas levan a que haxa zonas que se declaren como vulnerables. “Unha vez que ti explotación é zona vulnerable contaremos que aspectos cambian con respecto ao que o agricultor estaba a facer ata o de agora”, indica Casarío.

Tamén aclararán aspectos coma se ao estar en zona vulnerable pódense seguir aplicando xurros e en que cantidade.
Alimagro converteuse no principal escaparate para os profesionais do sector, grazas á súa combinación dunha completa exposición de maquinaria agrícola das principais marcas, ademais da promoción dos produtos locais e as últimas innovacións.
“Estas xornadas son moi necesarias xa que unen aos distintos operadores que xestionan un cultivo tan importante como é a pataca”, indica o relator.
Ademais, Casarío resalta un aspecto positivo destas xornadas. “Xuntar nun mesmo encontro a produtores de pataca de zonas moi distintas como pode ser Castela e León, Galicia e Canarias isto fai enriquecer dunha forma moi grande o coñecemento das diversas realidades que ten o sector”.