Patacas de máxima calidade, o obxectivo de Patacas Conde

Patatas Conde volve estar presente un ano máis en Alimagro 2025, unha cita que xa se converteu en imprescindible para o sector e tamén para esta empresa. “Alimagro é o escaparate perfecto para ensinar todo o que facemos en Patacas Conde. Aquí non só fálase de negocio, aquí compártese a paixón pola pataca e a oportunidade de dar valor ao que producimos na Limia”, sinala Diego Conde.

Desde os anos 70 foron avanzando e ampliando a súa venda por xunto trasladándose á zona produtora de patacas por excelencia en Galicia, Xinzo de Limia.

Este ano, na feira, queren resaltar o que lles move no día a día: “ofrecer unha pataca da máxima calidade, coidada desde o campo ata que chega á mesa”, sinala Diego Conde. Apostan pola innovación e a sustentabilidade nos seus procesos, “sempre mantendo a esencia dun produto auténtico que fala da nosa terra”, engade Conde.

Actualmente, Patacas Conde actúa nos tres grandes frontes que demanda o mercado, comercializando: Patacas para industria, patacas para consumo e patacas de semente de distintas variedades.

Ao día en innovación

A empresa conta con naves con innovacións tecnolóxicas importantes, destacando a capacidade de conservación en frío e o lavado da pataca. Desde esas naves iníciase a comercialización de produto a todo o territorio español e tamén á exportación a outros países.

Desde entón Patacas Conde traballou en conxunto cos maiores produtores de pataca da comarca ourensá da Limia e tamén con outras zonas produtoras do resto do país. “A supervisión de todo o proceso foi e é o noso rol fundamental”, afirma Conde.

“Encántanos atoparnos con agricultores, clientes e profesionais do sector para seguir construíndo xuntos o futuro da pataca. Esperámosvos na nosa caseta para compartir experiencias e, sobre todo, a nosa paixón polo que facemos”, engade Diego Conde.

Últimas novidades